All Digital Weeks en Galicia: Ciberseguridade e Internet Segura

Imaxe

A campaña ALL DIGITAL Weeks ten a súa orixe na vontade da Comisión Europea para promover a sensibilización sobre as capacidades dixitais para a inclusión, o empoderamento e o emprego. Está organizada por ALL DIGITAL Network, e lévase a cabo desde 2010. Desde entón, a campaña axudou a case 1,5 millóns de persoas a conectarse por primeira vez ou a mellorar as súas habilidades dixitais.

Lévase a cabo en centros de competencia dixital, bibliotecas, centros comunitarios, escolas e outros lugares de toda Europa. Cada ano axuda a máis de 50.000 persoas de máis de vinte países europeos a aprender e inspirarse no que a tecnoloxía pode facer por eles, centrándose nas oportunidades que ofrece a transformación dixital e os seus efectos. Podes consultar todos os eventos aquí.

Este ano 2024, a campaña ALL DIGITAL Weeks celébrase entre o 13 e 31 de maio baixo o lema "Enhance your dixital skills" (mellora as túas destrezas dixitais). En España o coordinador a nivel nacional é a Asociación Somos Digital.

En Galicia, a Amtega e a Rede CeMIT, que forma parte da Asociación Somos Digital, súmanse por segundo ano a esta iniciativa mediante unha serie de accións formativas co título "Ciberseguridade: os teus primeiros pasos". Podes obter máis información e inscribirte desde as seguintes ligazóns (cómpre estar dado de alta na Rede CeMIT, pero en caso de non estalo pódese abrir unha conta ao momento):

Tamén podes elixir o teu evento e inscribirte a través desta páxina: Ciberseguridade, os teus primeiros pasos.