A ampliación do programa ‘Kit Digital’ incorpora o Servizo de Ciberseguridade Xestionada como nova solución de dixitalización

Imaxe

O Goberno vén de ampliar o programa de axudas para a dixitalización de pemes, coñecido como 'Kit Digital', para que poidan acceder empresas de ata 250 traballadores. Esta ampliación inclúe a modificación do Catálogo de Solucións de Dixitalización susceptibles de financiación, incorporando novas categorías entre as que está o Servizo de Ciberseguridade Xestionada. O seu obxectivo é reforzar a capacidade das empresas facer fronte aos desafíos da seguridade dixital nunha contorna cada vez máis complexa e tecnoloxicamente avanzada.

Ao mesmo tempo, inclúese no catálogo de opcións das empresas de ata tres traballadores a posibilidade de subvencionar un servizo denominado posto de traballo seguro, co que se pretende favorecer a automatización de tarefas e a xestión eficiente dos datos.

Paralelamente, na orde ministerial correspondente, publicouse a regulación do programa de asesoramento dixital para pemes 'Kit Consulting', que estará dotado con 300 millóns de euros.

As axudas, que terán forma de bono e que pretenden chegar a 15.000 empresas, concederanse por orde de solicitude.