O vindeiro 30 de xuño terá lugar a xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia, unha iniciativa orientada a reforzar as capacidades de Galicia en materia de ciberseguridade aplicada a produtos con elementos dixitais, ciberseguridade industrial e contornas OT.
A xornada celebrarase na Sala Eisenman, situada no Edificio CEM da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, e contará coa participación de representantes institucionais, entidades colaboradoras, empresas adxudicatarias dos laboratorios e profesionais especializados no ámbito da ciberseguridade.
Durante o encontro presentarase a visión xeral da iniciativa e daranse a coñecer os dous laboratorios impulsados pola Xunta de Galicia: o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais e o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial. Ambos espazos permitirán avanzar na demostración, experimentación e divulgación de solucións de ciberseguridade aplicadas a ámbitos clave para o tecido produtivo e tecnolóxico galego.
A programación incluirá unha apertura institucional, a presentación dos laboratorios e centros demostradores, así como mesas de expertos centradas na ciberseguridade en produtos con elementos dixitais e na ciberseguridade industrial e contornas OT. A xornada finalizará cun aperitivo, tras o cal se organizarán visitas aos laboratorios por grupos para que as persoas asistentes poidan coñecer de primeira man os espazos, capacidades e demostradores dispoñibles.
Ligazón á incrición aquí
09:30 | Recepción de asistentes
10:05 – 10:15 | Apertura institucional
10:20 – 10:25 | Presentación da axenda da xornada
10:30 – 10:35 | Visión global do proxecto da rede de laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia
10:40 – 11:05 | Presentación do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais
11:10 – 11:35 | Presentación do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial
11:40 – 12:10 | Pausa café
12:15 – 12:50 | Mesa de expertos: “Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais”
12:55 – 13:30 | Mesa de expertos: “Ciberseguridade Industrial e Contornas OT”
13:35 – 13:40 | Clausura da xornada
13:45 – 14:30 | Aperitivo