A Amtega e o GaiasTech ofrecen a sesión divulgativa "Ciberseguridade. Os teus primeiros pasos"

Imaxe

All Dixital Weeks é unha iniciativa europea que busca fomentar a inclusión dixital e reducir a brecha tecnolóxica na sociedade. A edición de 2025 celebrarase entre o 17 de marzo e o 4 de abril e durante ese periodo organízanse por toda Europa obradoiros, seminarios e actividades para: 

  • Mellorar as competencias dixitais da cidadanía.  
  • Fomentar a inclusión de grupos vulnerables (persoas maiores, desempregadas, migrantes, etc.). 
  • Promover o uso responsable e seguro da tecnoloxía. 

En edicións anteriores, as All Dixital Weeks chegaron a máis de 100.000 persoas en máis de 20 países europeos. Este ano, Galicia achega á iniciativa unha sesión divulgativa sobre ciberseguridade básica a través da colaboración entre a Amtega e o GaiasTech, á que se poderá asistir, previa inscripción, de maneira presencial ou en liña o primeiro de abril, de 10:00 a 13:00.

O obxectivo desta sesión é sensibilizar á cidadanía. especialmente ao coletivo de persoas maiores, sobre a importancia de estaren informados e formados en ámbitos clave como a pegada dixital en internet, o uso seguro das redes sociais, as técnicas de engano utilizadas polos atacantes e como identificar e combater a desinformación na rede.

Información relacionada