A Amtega ofrece consellos para navegar con seguridade nun encontro dixital de La Voz de Galicia

Imaxe

Gustavo Herva, xefe da Subárea de Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), participou o 2 de novembro nun encontro dixital organizado por La Voz de Galicia para responder ás dúbidas da cidadanía sobre seguridade en Internet.

Durante a intervención abordáronse cuestións como as estafas en liña, a suplantación de identidade, os riscos asociados á intelixencia artificial e a protección dos datos persoais. Ademais, compartíronse recomendacións prácticas para identificar mensaxes fraudulentas, realizar trámites dixitais de forma segura e previr posibles ciberataques.

O encontro tamén serviu para presentar algunhas das novidades do VI Encontro CIBERGAL, que se celebra do 4 ao 6 de novembro. A intervención completa está dispoñible na canle de YouTube de La Voz de Galicia.

Información relacionada