A Amtega volve aos centros educativos para axudar a xestionar a información nas redes sociais

Imaxe

Durante aproximadamente unha hora e media os e as menores de secundaria poderán coñecer da man dos especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a maneira máis segura de xestionar a súa privacidade nas redes sociais de maior popularidade.

Entre os obxectivos que persegue a sesión, destacan:

  • Abordar a importancia e as implicacións da identidade e a pegada dixitais.
  • Reforzar a competencia do alumnado en materia de xestión segura dos seus perfís en redes sociais.
  • Establecer os mecanismos imprescindibles para a configuración apropiada das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis utilizadas polos menores de idade.
  • Ofrecer aos e as menores ferramentas e recursos aos que poder acudir en caso de dúbidas con respecto ao uso seguro destas tecnoloxías.

Os centros educativos interesados poden enviar as súas solicitudes á dirección electrónica asesoria.participacioneducativa [at] edu.xunta.gal (asesoria[dot]participacioneducativa[at]edu[dot]xunta[dot]gal) co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. Para formalizar a solicitude, achegarase como arquivo adxunto este documento, unha vez cuberto cos datos correspondentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 30 de setembro.

Información relacionada