Apertura de inscrición para novos cursos gratuítos de ciberseguridade ata o 13 de maio e prazas dispoñibles no curso Cisco CCNA Cyberops Associate

Imaxe

Nos próximos meses desenvolveranse novas formacións gratuítas especializadas en ciberseguridade. A continuación achégase a información xeral de dous novos cursos: o curso presencial “Seguridade en IoT”, centrado na detección e mitigación de riscos en contornas da internet das cousas, e o curso virtual “Certified Information System Auditor (CISA)”, orientado á obtención dunha das certificacións internacionais máis recoñecidas en auditoría de sistemas de información.

Así mesmo, lémbrase que quedan prazas dispoñibles para o curso Cisco CCNA Cyberops Associate, que se impartirá no próximo mes de maio.

Estas formacións realízanse no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” – Proxecto RETECH CCAA, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo aos fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e nun 25% con fondos propios da Comunidade Autónoma.

 

Seguridade en IoT 

O curso “Seguridade en IoT” está orientado a dotar ao alumnado dos coñecementos e habilidades necesarios para identificar, analizar e mitigar os riscos de seguridade asociados aos sistemas da internet das cousas, un ámbito en constante crecemento e cada vez máis presente en contornas industriais, empresariais e domésticas. 

Dirixido a:
Está especialmente recomendado para o alumnado de grao medio e superior de FP do ámbito das telecomunicacións e de informática; para o alumnado ou as persoas graduadas en titulacións universitarias técnicas e tamén está altamente recomendado para profesionais en activo que busquen obter as habilidades de White Hat Hacker.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía presencial 

  • Número de prazas 20 (mínimo 10).

  • Período de inscrición: do 27 de abril ao 13 de maio de 2026.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 20 de maio de 2026 ás 19:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 40 horas. 

  • O curso desenvolverase do 22 de xuño de 2026 ao 2 de xullo de 2026, cun horario de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.

Máis información en: Cursos – Curso en Seguridade en IoT - CNTG 

 

Curso ISACA Certified Information System Auditor (CISA)

O curso “Certified Information System Auditor (CISA)” está deseñado especificamente para preparar ao alumnado para a obtención da certificación CISA de ISACA, unha das credenciais máis prestixiosas e recoñecidas internacionalmente no ámbito da auditoría de sistemas de información, a xestión do risco e o control das tecnoloxías da información.

Os obxectivos deste curso son:

  • Describir a influencia da propiedade do risco e do control no programa de seguridade da información.

  • Implementar estratexias, suxerencias e técnicas para superar o exame.

  • Describir os procesos e os métodos utilizados para investigar, avaliar e conter un incidente.

  • Utilizar os coñecementos crave para as preguntas de práctica.

Dirixido a:

  • Directores/as xerentes consultores/as de auditoría de TI

  • Auditores/as de TI

  • Directores/as de Cumprimento/Risco/Privacidade

  • Directores/as Xestores/as Consultores/as de TI

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas: 20 prazas (mínimo 10).

  • Período de inscrición: do 27 de abril ao 13 de maio de 2026.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 20 de maio de 2026 ás 16:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 30 horas de formación en liña. 

  • O curso desenvolverase do 8 ao 17 de xuño de 2026 de luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas e venres de 16:30 a 18:30 horas.

Máis información en: Cursos – Curso ISACA Certified Information System Auditor (CISA) - CNTG

Cisco CCNA Cyberops Associate

Lembramos que aínda quedan prazas dispoñibles para o curso Cisco CCNA Cyberops Associate.

Os interesados deben enviar un correo a tecnico.cnt [at] xunta.gal (tecnico[dot]cnt[at]xunta[dot]gal) co seu número de DNI, nome e apelidos, correo electrónico, e empresa para a que traballan indicando que están interesados nese curso. 

A asignación de prazas será directa por orde de chegada das solicitudes.

Máis información en: Cursos – Cisco CCNA Cyberops Associate