Apertura de inscricións para os Cursos de Especialización en Ciberseguridade IT e OT no ámbito da Formación Profesional

Imaxe

Co obxectivo de atender a crecente demanda de profesionais especializados en ciberseguridade por parte do tecido empresarial galego, a Xunta continúa reforzando a oferta formativa dos cursos de especialización en ciberseguridade IT e OT no ámbito da Formación Profesional. Para o curso 2026-27 impartiranse un total de 14 cursos de especialización, que suman 340 prazas dispoñibles distribuídas entre as modalidades presencial e a distancia.

A oferta formativa estrutúrase en dous itinerarios especializados. Por unha banda, Ciberseguridade en contornas de tecnoloxías da información (IT), con 9 cursos e un total de 220 prazas, das que 100 corresponden á modalidade presencial e 120 á modalidade a distancia. Por outra, Ciberseguridade en contornas de tecnoloxías de operación (OT), con 5 cursos e 120 prazas, distribuídas entre 60 presenciais e 60 a distancia.

Os cursos impartiranse nos centros de Formación Profesional situados na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Marín, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Lugo, Monforte de Lemos e San Clemente, mantendo a oferta existente e as modalidades de impartición do curso anterior.

Para máis información sobre estes cursos de especialización pódese consultar a seguinte ligazón.

Para máis información sobre o proceso de admisión aos cursos pódese consultar a seguinte ligazón.

O fortalecemento da formación especializada en ciberseguridade dentro da Formación Profesional, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xunto coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O proxecto enmárcase nas iniciativas do programa RETECH e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation.