Apertura de inscricións para a xornada “Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mundo dixital”

Imaxe

O Nodo Gallego de Ciberseguridade Ciber.gal celebrará o próximo 9 de xuño de 2026, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense), a xornada “Ciberseguridade aplicada: Protexendo ás empresas galegas nun mundo dixital”, un encontro orientado a reforzar a seguridade dixital do tecido empresarial galego, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e coorganizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG).

A xornada está dirixida a empresas, pemes, profesionais e estudantes vinculados ao ámbito da ciberseguridade, e poñerá o foco en iniciativas crave como a posta en marcha do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), así como nos resultados e próximos pasos da rede de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade de Galicia.

O evento será conducido e presentado por Luis Fernández, da Revista SIC, e contará cun completo programa que incluirá relatorios técnicos, un debate aberto sobre os laboratorios e centros demostradores, así como un panel centrado en estratexias reais de ciberseguridade, onde se analizará como previr e responder ante fraudes, ataques e crises dixitais.

Ademais, a xornada incluirá unha pausa para café orientada ao networking entre os asistentes, favorecendo o intercambio de coñecemento e experiencias dentro do ecosistema galego de ciberseguridade.

As inscricións son gratuitas e están dispoñibles na seguinte ligazón

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWkIYCqqlHAwKwkHjA47TlDlqiERcbjVVtCFAK1Yct5uYIvQ/viewform

O programa completo da Xornada pode consultarse na seguinte ligazón

https://ciberseguridadegalicia.gal/es/cibergal/eventos/ciberseguridad-aplicada-protegiendo-las-empresas-gallegas-en-un-mundo-digital