Dende o 6 ata o 19 de xaneiro estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) – ISC2. O curso preparará ao alumnado para o examen da certificación CCSP de ISC2, que acredita a profesionais con profundos coñecementos e competencias derivados da experiencia práctica en seguridade cibernética, da información, do software e da infraestrutura de computación en nube.
Este curso poñerá a proba as competencias dos alumnos nos seis dominios da certificación CCSP do Common Body of Knowledge (CBK) de (ISC2), que abarcan:
Información relevante do curso Certified Ethical Hacker:
Para obter máis información sobre o curso, pódese acceder ó seguinte enlace da páxina web do CNTG, onde se atopa toda a información detallada e onde se poderá realizar a inscrición: Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2
Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).