Apertura do prazo de inscripción para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) – ISC2

Imaxe

Dende o 6 ata o 19 de xaneiro estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) – ISC2. O curso preparará ao alumnado para o examen da certificación CCSP de ISC2, que acredita a profesionais con profundos coñecementos e competencias derivados da experiencia práctica en seguridade cibernética, da información, do software e da infraestrutura de computación en nube.

Este curso poñerá a proba as competencias dos alumnos nos seis dominios da certificación CCSP do Common Body of Knowledge (CBK) de (ISC2), que abarcan: 

  • Conceptos de arquitectura e requisitos de deseño
  • Seguridade de datos na nube
  • Seguridade de infraestruturas e plataformas na nube
  • Seguridade de aplicacións na nube
  • Operacións
  • Legal & Compliance

Información relevante do curso Certified Ethical Hacker:

  • Metodoloxía virtual. 
  • Número de prazas limitado a 16 prazas.
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de xaneiro ás 17:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.
  • A duración do curso será de 35 horas. 
  • O curso desenvolverase do 10 ao 21 de febreiro, cun horario de luns a venres de 17:00h a 20:30h.
  • A matrícula é gratuíta, inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta dun exame de certificación oficial.

Para obter máis información sobre o curso, pódese acceder ó seguinte enlace da páxina web do CNTG, onde se atopa toda a información detallada e onde se poderá realizar a inscrición: Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).