Ataque informático contra aplicacións web da OTAN

Imaxe

Durante a madrugada do pasado domingo, expertos cibernéticos da OTAN víronse obrigados a traballar en resolver un incidente grave, que afectaba a algúns sitios web da entidade orientados a labores de asesoramento estratéxico e defensa.

O sitio web do Cuartel Xeral de Operacións Especiais da OTAN (NSHQ) foi atacado, xunto con outros servizos, presuntamente por delincuentes informáticos pro-rusos, facéndoos temporalmente inaccesibles. 

A rápida recuperación dos servizos dá proba da importancia que a organización outorga a dispoñer de persoal coa preparación adecuada para este novo modelo de ‘ciberguerra’.

Información relacionada