Aumento dos incidentes de ciberseguridade xestionados polo Incibe

Imaxe

O Incibe ven de publicar o seu Balance de Ciberseguridade 2022, onde se recolle a cifra de 118.820 incidentes de cibersegurida xestionados, un 9% máis que en 2021. Máis do 90% destes incidentes afectaron a cidadáns e empresas, 546 a operadores estratéxicos (organizacións responsables de infraestruturas críticas para o país), e uns 8000 á Rede IRIS, utilizada en contornas académicas e de investigación.

Respecto á tipoloxía dos incidentes, en primeiro lugar está o phishing, seguido polo malware. No caso do ransomware, contabilizáronse case 450 incidentes.

Cúmprese deste xeito o obxectivo de INCIBE-CERT de funcionar como soporte especializado en ciberseguridade para a cidadanía e empresas españolas, poñendo ao dispor do público a capacidade tecnolóxica e de coordinación que permite ofrecer un apoio operativo #ante ciberamenazas ou ciberincidentes.

Información relacionada