As axudas do IGAPE á transformación dixital das Pemes abranguen proxectos centrados na ciberseguridade

Imaxe

Permanece aberta a convocatoria deste ano de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) destinadas á transformación dixital das pemes. Ten como finalidade a posta en marcha de proxectos tanto individuais como impulsados por un grupo de empresas, e  inclúe como conceptos subvencionables investimentos materiais e/ou inmateriais e servizos relacionados coa ciberseguridade.

A subvención será do 35% dos investimentos materiais e inmateriais para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas. No caso dos servizos de consultaría subvencionables, a axuda será do 50% dos gastos para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o luns 27 Mayo 2024 ás 14:00 h. E o prazo de execución dos proxectos para os que se solicite a axuda non poderá superar o 30 de xuño de 2025.

Información relacionada