As axudas están dirixidas a pemes e autónomos da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.
A contía das axudas económicas a outorgar con cargo a esta convocatoria é de 84.000 €, sendo o orzamento máximo elexible por empresa de 4.000 €, que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER ao 80%, polo que a contía máxima de axuda por empresa será de 3.200 €.
O prazo para a presentación de solicitudes esténdese ata as 14:00h do día 31 de marzo de 2023, aínda que o prazo poderá acurtarse en caso de esgotarse o orzamento.