Axudas IGAPE "axudas á transformación dixital das pemes" 2026-27

Imaxe

 

Ciberseguridade para a operación dixital da empresa.

Implantación de medidas e solucións de ciberseguridade orientadas a garantir a continuidade, fiabilidade, resiliencia e operación segura dos procesos, sistemas, activos e interconexións dixitais da empresa, incluíndo, cando proceda, actuacións de análise do alcance, configuración, integración, validación e estabilización inicial estritamente necesarias para a súa posta en funcionamento.

Só se encadrarán nesta tipoloxía os proxectos cuxo obxecto principal sexa a implantación efectiva de medidas ou solucións de seguridade con alcance funcional propio e posta en funcionamento real. Non se considerarán subvencionables as actuacións de mantemento ordinario, renovación, prórroga ou continuidade de servizos preexistentes, nin os servizos permanentes, periódicos ou recorrentes de operación ou monitorización. Cando a ciberseguridade constitúa un elemento accesorio ou habilitador dun proxecto principal doutra tipoloxía, o proxecto encadrarase nesta última.

 

Información relacionada