Nos vindeiros días ábrese o prazo para que Pemes e autónomos da demarcación territorial da Cámara de Comercio de A Coruña que se atopen dadas de alta no Censo do IAE, soliciten as axudas para desenvolver os seus Plans de apoio á implantación da ciberseguridade, que poden ser subvencionados ata nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
O presuposto máximo por entidade é de 4.000 €, que sería prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER ao 80%, polo que a cantidade máxima de axuda por empresa será de 3.200 €.
O prazo para a presentación de solicitudes ábrese unha vez transcorridos 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto da Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (a data de publicación no BOP é o 21 de abril), e continuará aberto ata as 14:00h do día 31 de maio de 2023. Con todo, o prazo poderá acurtarse no caso de esgotarse o presuposto.