BOE e INCIBE publican o Código de Dereito da Ciberseguridade

Imaxe
BOE

Que normas legais rexen cando se trata de ciberseguridade? Unha pregunta cuxa resposta non era nada sinxela, mesmo para os profesionais que tivesen a necesidade de coñecelas: nada menos que 42 textos legais fan referencia á ciberseguridade no corpus lexislativo español.

A partir desta iniciativa do BOE e INCIBE será máis sinxelo consultar todos os textos legais sobre esta temática, incluíndo ademais referencias á normativa europea, xa que se recompilaron nun único texto: o Código de Dereito da Ciberseguridade.

Este documento está dispoñible para descarga desde o 28 de decembro de 2022, coa posibilidade, se se é usuario do servizo ‘Mi BOE’, de recibir notificacións cada vez que sexa actualizado.

Para facilitar a procura de información, os textos legais agrupáronse en nove seccións:

  • Constitución Española
  • Normativa de Seguridade Nacional
  • Infraestruturas Críticas
  • Normativa de Seguridade
  • Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade
  • Telecomunicacións e Usuarios
  • Ciberdelincuencia
  • Protección de Datos
  • Relacións coa Administración

Información relacionada