Segundo Real decreto do Consello de Ministros, publicado no Boletín Oficial del Estado o 24 de decembro de 2024, Mar España cesou como directora da Axencia Española de Protección de Datos.
O cesamento prodúcese tras máis de nove anos nun posto para o que foi nomeada en xullo de 2015 cun mandato inicial de catro anos e que exerceu en funcións desde xullo de 2019.
Ata o nomeamento dunha nova presidencia, a AEPD continuará exercendo as súas competencias conforme o Regulamento xeral de protección de datos e a Lei orgánica de protección de datos e garantía de dereitos dixitais.