Canle de denuncia para casos de suplantación en portais de xogo online

Imaxe

Aínda que a información e concienciación da cidadanía respecto á ciberseguridade e protección dos datos persoais propios aumenta, aínda moitas persoas non teñen moi claro cales son os perigos aos que se expoñen cando os seus datos persoais acaban en mans de cibercriminais.

A sorpresa desagradable pode chegar, por exemplo, desde a Axencia Tributaria, mediante a reclamación de tributación por beneficios en xogos e apostas online. Persoas que nunca levaron a cabo ningunha destas actividades, atópanse con reclamacións por parte da Facenda pública de distintas cantidades económicas: nalgún momento un cibercriminal conseguiu os seus datos persoais, principalmente o seu DNI, e utilizounos para suplantar a súa identidade á hora de darse de alta nun portal de xogo online

Este tipo de suplantacións creceu tanto que a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo decidiu habilitar unha dirección de correo electrónico específica exclusivamente para denuncialas:

dgoj.pascs [at] ordenacionjuego.gob.es (dgoj[dot]pascs[at]ordenacionjuego[dot]gob[dot]es)

Aínda que a mellor estratexia fronte a estas estafas pasa por seguir boas prácticas ao xestionar e compartir os datos persoais propios, calquera vítima delas vai recibir apoio para minimizar o dano sufrido.

Información relacionada