Coñeces as incidencias reais relatadas polo INCIBE? A través das solicitudes que reciben a través do seu servizo de axuda en ciberseguridade, contan experiencias que exemplifican casos que suceden a diario e dos que podemos aprender moito para previlos.
Nesta ocasión fálannos da suplantación de identidade e as súas graves consecuencias. Un home de mediana idade contactou a través da plataforma 'A túa axuda en ciberseguridade' en busca asesoramento, tras recibir un correo electrónico cunha notificación da Axencia Tributaria, instándoo a realizar os pagos correspondentes en concepto de impostos polas ganancias obtidas en diferentes apostas.
O usuario confirmou que en ningún momento se rexistrara en ningunha casa de apostas e nunca realizara ningún tipo de transacción relacionada con estes xogos. En conclusión, alguén estivera facendo uso do seu DNI, suplantando a súa identidade nalgunha páxina de apostas e xogos en liña.
O artigo recolle interesantes pautas de como actuar neste caso e como previr situacións similares.
Se che impactou o caso e queres protexer a túa identidade, consulta tamén a nosa infografía sobre o DNI: Moito máis que un anaco de plástico.
E lembra como norma xeral: