O pasado 10 de abril tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a Xornada de Ciberseguridade na FP correspondente ao curso 2024-2025, unha iniciativa dedicada á ciberseguridade e ás tecnoloxías abertas no contexto educativo e profesional e orientada ao profesorado e alumnado das especialidades de ciberseguridade na Formación Profesional.
Durante a mañá desenvolvéronse catro relatorios técnicos sobre seguridade dixital, privacidade, criptografía e uso de ferramentas de software libre, impartidos por profesionais do sector:
Para facilitar o seguemento, todos eles foron difundidos en directo a través da plataforma YouTube.
A xornada completouse con ata nove obradoiros prácticos, tanto no CIFP Politécnico de Santiago como no IES San Clemente, centrados na adquisición de competencias técnicas a través da resolución de retos e da experimentación directa con ferramentas e escenarios reais de ciberseguridade.
A xornada consolídase así como un referente na formación en ciberseguridade dentro da FP galega, fomentando a colaboración entre centros educativos e entidades do sector.