ChatGPT sofre unha brecha na seguridade dos datos persoais

Imaxe

OpenAI, a empresa que creou ChatGPT, lanzou unha versión de pago chamada ChatGPT Plus, mediante a cal as persoas usuarias poden ter preferencia para usar o servizo e acceso máis rápido ás súas melloras e actualizacións, tendo en conta a saturación que están a sufrir os servidores que aloxan a ferramenta.

Nos últimos días, un erro provocou que se filtren os datos persoais de clientes da modalidade de pago e a información das contas bancarias que usan para o pagamento do servizo.

A compañía bloqueou a entrada á web temporalmente e, segundo indicaron, un 1,2% do total de persoas usuarias premium foron afectadas.

Con todo, semella que a exposición tamén afectou aos historiais de chats dalgunhas das persoas usuarias de ChatGPT. Dende a empresa afirman que "Nas horas previas a que desconectásemos ChatGPT o luns, foi posible que algúns usuarios visen o nome e apelido, a dirección de correo electrónico, a dirección de pago, os últimos catro díxitos e a data de vencemento da tarxeta de crédito doutros usuarios activos" 

OpenAI indica que os números completos das tarxetas de crédito non se filtraron. A pesares disto, os datos persoais das persoas usuarias estiveron expostos durante unhas 9 horas. 

Información relacionada