Ciberataque contra distribuidora de medicamentos

Imaxe

Aínda que non transcendeu a tipoloxía nin a extensión do ciberataque, a cuarta empresa distribuidora de medicamentos en España, Allianz Healthcare, estivo a experimentar numerosos problemas nos seus sistemas informáticos, mesmo levando á paralización do seu servizo, que xa se vai recuperando aos poucos. Esta empresa supón o 10% do mercado almacenista de medicamentos en España.

Afortunadamente, só en casos puntuais houbo pacientes que se viron afectados por atrasos na subministración dos seus medicamentos, xa que as farmacias contan con provedores alternativos. 

Desde o punto de vista da Protección de Datos Persoais, descártase a posibilidade de que os ciberdelincuentes poidan acceder a información reservada sobre pacientes e tratamentos, xa que as empresas distribuidoras non fan tratamento nin dispoñen deses datos.

Información relacionada