Ciberseguridade nas eleccións municipais do 28 de maio

Imaxe

O secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, xa asinou as instrucións para protexer o dereito a voto da cidadanía na próxima xornada de eleccións municipais o próximo 28 de maio. 

Para iso decidiuse coordinar as accións dos distintos corpos de seguridade, tanto do estado como autonómicos e locais, para protexer os espazos de votación. Dentro deste plan, púxose en marcha un Centro de Operacións de Seguridade IT que velará pola ciberseguridade durante todo o proceso. 

Así, ademais de velar por un desenvolvemento tranquilo da xornada, manterase o control sobre as condicións de operación nos colexios electorais, así como nas súas inmediacións, de modo que se garantan a seguridade e continuidade no funcionamento dos sistemas de información que se utilicen no proceso electoral.

Tamén se deseñou un protocolo de actuación en caso de ataque cibernético, de modo que os axentes estarán preparados ante este tipo de eventualidades.