A ciberseguridade protagoniza a nova edición de Galiciencia

Imaxe

O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, pon en marcha unha nova edición de Galiciencia, consolidada desde o 2006 como a feira científica de referencia. Esta iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia e desenvolvida en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, ten como obxectivo principal incentivar o talento innovador e o espírito emprendedor entre os estudantes. A convocatoria xa está aberta para os centros educativos, que dispoñen ata o 16 de marzo para inscribir equipos e presentar proxectos a través da plataforma web oficial do certame.

A edición deste ano, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de maio, centrarase na ciberseguridade. A participación está aberta a alumnos de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato. O certame recoñece o esforzo dos participantes galardóns que
fomentan a proxección nacional dos mozos investigadores. O primeiro premio, dotado con 1.000 euros, permitirá aos gañadores acudir a Exporecerca, a feira científica que se celebra en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá 500 euros para asistir á Zientzia Azoka en Bilbao; e o terceiro premio consiste en 200 euros para material científico ou tecnolóxico

 


 

Información relacionada