O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abre o período de inscrición para catro novos cursos gratuítos de Formación Profesional de Grao C no ámbito da informática. Estas formacións están orientadas a persoas que buscan adquirir ou acreditar competencias profesionais en programación, desenvolvemento de aplicacións web, xestión de sistemas e operación de sistemas informáticos.
A continuación achégase a información xeral dos catro cursos, incluíndo a descrición, os principais obxectivos, as oportunidades laborais, os datos de inscrición, a metodoloxía, a duración e o período de docencia.
O curso “IFCD0112 - Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais” está orientado a persoas que buscan unha carreira sólida no sector tecnolóxico e permite adquirir competencias en programación con linguaxes orientadas a obxectos e xestión de bases de datos.
Obxectivos e oportunidades laborais:
Traballar en empresas de desenvolvemento de software, consultoría técnica ou como parte do equipo de sistemas de grandes organizacións.
Adquirir competencias profesionais vinculadas á programación e ás bases de datos.
Posibilidade de convalidar módulos de ciclos de Formación Profesional como ASIR, DAM e DAW.
Dirixido a:
Persoas que buscan un futuro profesional estable e ben remunerado no sector tecnolóxico.
Información xeral do curso:
Metodoloxía presencial.
Número de prazas: 15 (mínimo 10).
Período de inscrición: do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026.
Proba de selección: 3 de setembro de 2026.
Criterio de selección: proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela.
Tipo de edición: edición prioritaria para desempregados/as.
Duración: 788 horas.
Data de inicio: 14 de setembro de 2026.
Data de fin: 5 de maio de 2027.
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Lugar de docencia: edificio localizado na r/Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.
Matrícula: gratuíta.
Certificación oficial: Certificado Profesional de Formación Profesional (Grao C).
Temario:
MF0223 - Sistemas operativos e aplicacións informáticas: 191 horas.
MF0226 - Programación de bases de datos relacionais: 237 horas.
MF0227 - Programación orientada a obxectos: 282 horas.
FCOXXX26 - Básico de prevención de riscos laborais: 60 horas.
FCOXXX22 - Formación para a igualdade: 10 horas.
Módulo de orientación: 8 horas.
Máis información en: Cursos - IFCD0112 - Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais (Grado C de FP) - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
O curso “IFCD0210 - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web” está orientado a persoas interesadas en combinar a lóxica da programación coa parte visual e estética do deseño web, adquirindo competencias para o desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web.
Obxectivos e oportunidades laborais:
Traballar en empresas de desenvolvemento de software con tecnoloxías web e na área de sistemas de calquera organización.
Adquirir competencias no desenvolvemento de aplicacións web.
Posibilidade de convalidar módulos para acelerar a formación en ciclos de FP como DAW e ASIR.
Dirixido a:
Persoas que buscan un futuro profesional estable e ben remunerado no sector tecnolóxico.
Información xeral do curso:
Metodoloxía presencial.
Número de prazas: 15 (mínimo 10).
Período de inscrición: do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026.
Proba de selección: 9 de setembro de 2026.
Criterio de selección: proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela.
Tipo de edición: edición prioritaria para desempregados/as.
Duración: 668 horas.
Data de inicio: 21 de setembro de 2026.
Data de fin: 19 de abril de 2027.
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Lugar de docencia: edificio localizado na r/Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.
Matrícula: gratuíta.
Certificación oficial: Certificado Profesional de Formación Profesional (Grao C).
Temario:
MF0491 - Programación web no ámbito cliente: 208 horas.
MF0492 - Programación web no ámbito servidor: 278 horas.
MF0493 - Implantación de aplicacións web: 104 horas.
FCOXXX26 - Básico de prevención de riscos laborais: 60 horas.
FCOXXX22 - Formación para a igualdade: 10 horas.
Módulo de orientación: 8 horas.
Máis información en: Cursos - IFCD0210 - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (Grado C de FP) - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
O curso “IFCT0510 - Xestión de sistemas informáticos” está orientado a persoas interesadas na resolución de problemas relacionados coa infraestrutura tecnolóxica e na xestión e seguridade de sistemas informáticos con tecnoloxías modernas.
Obxectivos e oportunidades laborais:
Traballar na área de sistemas de empresas públicas ou privadas, en empresas de comercialización de equipos ou de asistencia técnica informática.
Adquirir competencias para a xestión e aseguramento de sistemas informáticos.
Posibilidade de convalidar módulos do ciclo de FP Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
Dirixido a:
Persoas que buscan un futuro profesional estable e ben remunerado no sector tecnolóxico.
Información xeral do curso:
Metodoloxía presencial.
Número de prazas: 15 (mínimo 10).
Período de inscrición: do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026.
Proba de selección: 16 de setembro de 2026.
Criterio de selección: proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela.
Tipo de edición: edición prioritaria para desempregados/as.
Duración: 578 horas.
Data de inicio: 30 de setembro de 2026.
Data de fin: 5 de abril de 2027.
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Lugar de docencia: edificio localizado na r/Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.
Matrícula: gratuíta.
Certificación oficial: Certificado Profesional de Formación Profesional (Grao C).
Temario:
MF0484 - Administración hardware dun sistema informático: 143 horas.
MF0485 - Administración software dun sistema informático: 249 horas.
MF0486 - Asegurar equipos informáticos: 108 horas.
FCOXXX26 - Básico de prevención de riscos laborais: 60 horas.
FCOXXX22 - Formación para a igualdade: 10 horas.
Módulo de orientación: 8 horas.
Máis información en: Cursos - IFCT0510 - Xestión de sistemas informáticos (Grado C de FP) - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
O curso “IFCT0210 - Operación de sistemas informáticos” está orientado a persoas interesadas no hardware, o software e o mantemento e resolución de problemas informáticos, especialmente aquelas que teñen coñecementos técnicos e buscan obter unha titulación oficial.
Obxectivos e oportunidades laborais:
Traballar na área de sistemas de calquera empresa, en administracións públicas ou en empresas de asistencia técnica informática.
Adquirir competencias para a instalación, mantemento, administración e seguridade de sistemas informáticos.
Posibilidade de convalidar módulos do ciclo de FP Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR).
Dirixido a:
Persoas que buscan un futuro profesional estable e ben remunerado no sector tecnolóxico.
Información xeral do curso:
Metodoloxía presencial.
Número de prazas: 15 (mínimo 10).
Período de inscrición: do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026.
Proba de selección: 24 de setembro de 2026.
Criterio de selección: proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela.
Tipo de edición: edición prioritaria para desempregados/as.
Duración: 678 horas.
Data de inicio: 8 de outubro de 2026.
Data de fin: 30 de abril de 2027.
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Lugar de docencia: edificio localizado na r/Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.
Matrícula: gratuíta.
Certificación oficial: Certificado Profesional de Formación Profesional (Grao C).
Temario:
MF0219 - Instalación e configuración de sistemas operativos: 150 horas.
MF0957 - Mantemento do subsistema físico de sistemas informáticos: 160 horas.
MF0958 - Mantemento do subsistema lóxico de sistemas informáticos: 161 horas.
MF0959 - Mantemento da seguridade en sistemas informáticos: 129 horas.
FCOXXX26 - Básico de prevención de riscos laborais: 60 horas.
FCOXXX22 - Formación para a igualdade: 10 horas.
Módulo de orientación: 8 horas.
Máis información en: Cursos - IFCD0210 - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (Grado C de FP) - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Información común
Os catro cursos forman parte da programación 2026/27 do CNTG, presentan matrícula gratuíta, metodoloxía presencial e están configurados como edicións prioritarias para persoas desempregadas. A inscrición permanecerá aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026.