O programa consiste na realización dun único obradoiro por centro, de carácter eminentemente práctico, que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.
A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30 alumnos/as que cursen 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO, da mesma ou de diferentes aulas, correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Obxectivos específicos:
• Reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais.
• Explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
• Afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre a mocedade.
• Ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa [at] edu.xunta.gal (asesoria[dot]participacioneducativa[at]edu[dot]xunta[dot]gal) co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. O prazo de presentación de solicitudes remata o venres, 27 de xaneiro.