Curso superior de ciberseguridade da EGAP para persoal empregado público

Imaxe

Este curso superior comprende 99 horas lectivas en formato mixto: tres son presenciais e o resto repártense entre formación telepresencial (as persoas asistentes deben conectarse a recibir a formación en momentos concretos) e teleformación (cada asistente decide o momento no que accede ao resto dos materiais). 

A materia impartida versará sobre a importancia da ciberseguridade e boas prácticas, o Esquema Nacional de Seguridade, e os riscos, vulnerabilidades e ameazas que afectan os sistemas de información.

Entre os requisitos para a inscrición pídese que as tarefas desempeñadas no posto de traballo teñan relación coa ciberseguridade, e que se pertenza ao grupo A (persoal funcionario) ou grupos I e II (persoal laboral).

A matrícula está aberta entre o 17 e o 19 de abril, e o curso desenvolverase entre o 25 de abril e o 21 de xuño de 2023.

Información relacionada