CYSSDE Open Call 3

Imaxe

O proxecto europeo CYSSDE,  no que INCIBE participa como socio, abre nova unha convocatoria destinada á incorporación de provedores especializados en servizos avanzados de ciberseguridade.

En concreto, esta convocatoria céntrase na prestación de servizos de pentest, orientados á identificación e avaliación de vulnerabilidades en contornas organizativas a escala europea.

Datas clave:

  • Apertura: 27 de febreiro de 2026 – 10:00 h
  • Peche: 28 de abril de 2026 – 15:00 h


Financiación dispoñible:

  • Ata 200.000 € por proxecto
  • Co-financiación do 50 % (lump sum)
  • 12 proxectos seleccionados (aprox.)


A iniciativa está dirixida a entidades con capacidades técnicas contrastadas que desexen colaborar no reforzo da seguridade e a resiliencia dos sistemas dixitais.

O proxecto CYSSDE (Accións de Despregamento en Materia de Ciberseguridade) coordinouse desde LSEC (Bélxica) sendo socios de proxecto INCIBE (España), DNSC (Romanía), FUNDING BOX (Polonia), TOREON (Bélxica), CYBER RANGES (Estonia) e para rematar CEEYU (Bélxica). O obxectivo é mellorar a preparación en ciberseguridade de infraestruturas críticas, os operadores de servizos esenciais (OES) e as pequenas e medianas empresas (pemes) en Europa. Isto lévase a cabo mediante a realización de avaliacións de vulnerabilidade, probas de penetración (pentests) e a vixilancia de riscos. 

Información relacionada