Defensa de endpoints en sistemas de control industrial

Imaxe

A dixitalización dos procesos industriais está impoñendo cambios radicais á súa xestión, ata o punto de que na actualidade xa se fala da Industria 4.0. 

Pero o uso crecente de dispositivos de control con capacidades de interconexión a través de redes de datos implica unhas necesidades de protección tamén crecentes para evitar que poidan ser comprometidos por actores maliciosos, o que levaría en casos extremos (pero posibles e algúns deles perfectamente documentados) ao compromiso de toda a actividade empresarial.

Non é unha tarefa fácil, xa que nalgúns casos (máis frecuentes canto máis antigos) o seu deseño non tivo demasiado en conta a ciberseguridade, e, sobre todo, unha vez que se descobren vulnerabilidades, a tarefa de actualización e aplicación de parches adoita resultar moi complexa.

Esta guía de defensa de endpoints en sistemas de control industrial que publica o Incibe ofrece información e procedementos técnicos para mellorar a xestión da ciberseguridade nestas contornas, contribuíndo a facilitar as tarefas dos responsables de que as redes OT (tecnoloxías operacionales) sexan máis seguras e fiables.

Información relacionada