Dispáranse os ciberataques contra as administracións públicas españolas

Imaxe
El Español

A multinacional española de ciberseguridade Aiuken, que ofrece servizos de seguridade xestionada e cloud a PEMES, grandes empresas e administracións públicas, ven de publicar o seu Observatorio de Resposta contra Ciberataques correspondente ao ano 2022. Nel dáse conta do progresivo aumento dos ciberataques contra as administracións públicas, con casos tan relevantes como os concellos de Sevilla, Requena (Valencia) ou Durango (Biscaia).

Ante a previsión de que a tendencia continúe á alza, desde a empresa avógase por aproveitar os fondos europeos para reforzar a ciberseguridade dos entes públicos.

Información relacionada