Dispoñible análise en busca de malware mediante Intelixencia Artificial

Imaxe

Virus Total é unha web de referencia no mundo da ciberseguridade. Foi fundada por Bernardo Quintero (Hispasec Sistemas) en 2004 e adquirida por Google en 2012.

Ata o de agora, nela podíase obter a análise de 55 antivirus e 61 motores de detección en liña para ditaminar se un arquivo ou unha dirección web contiñan malware. 

A plataforma pasou a incorporar unha nova ferramenta, Code Insight, que utiliza a Intelixencia Artificial de Google Cloud Security para analizar arquivos sospeitosos e desentrañar o seu potencial comportamento malicioso.

Polo momento a análise está restrinxido a arquivos con contido en PowerShell, que difiran de arquivos xa analizados e que non sexan excesivamente longos.

A ferramenta está pensada para complementar o traballo dos analistas de seguridade, que son quen debe interpretar os resultados en relación ao resto de información dispoñible.

Espérase ir engadindo máis formatos de arquivo que poidan ser analizados, para mellorar as capacidades do sistema.

Información relacionada