A Lei de ciberresiliencia (CRA) da Unión Europea establece requisitos obrigatorios para a seguridade de produtos dixitais, incluíndo hardware e software, distribuídos dentro do mercado único europeo. O seu obxectivo principal é garantir a protección de usuarios e organizacións contra a ameaza crecente dos riscos cibernéticos, promovendo a seguridade desde o deseño e esixindo o seu mantemento ao longo do ciclo de vida dos productos.
A CRA abrangue dispositivos e software conectados, desde infraestruturas críticas ata produtos de consumo como dispositivos IoT. Os seus obxectivos inclúen:
A CRA representa un cambio significativo para empresas que fabrican ou importan produtos dixitais en Europa. Os fabricantes deberanse adaptar a estes estándares, enfrontando sancións económicas por incumprimento. Ademais, as organizacións deberán axustar as súas estratexias de desenvolvemento e mercado para cumprir coa nova regulación.
A lei, ademais, complementa á directiva NIS2, mellorando a protección das cadeas de subministración e a notificación de incidentes críticos.
Publicación e prazos:
O texto legal foi publicado o 20 de novembro de 2024. Este paso marca o inicio da súa vixencia formal, coa lei entrando en vigor 20 días despois da súa publicación, é dicir, a partir do 11 de decembro de 2024.
As disposicións comezarán a aplicarse segundo os prazos establecidos, ata un límite máximo do 11 de decembro de 2027. Non obstante, o artigo 14 (Obrigas de información dos fabricantes) será aplicable a partir do 11 de setembro de 2026 e o capítulo IV (artigos 35 a 51) será aplicable a partir do 11 de xuño de 2026.