É ChatGPT unha ameaza para a confidencialidade empresarial?

Imaxe

Coa presentación pública das ferramentas de Intelixencia Artificial LLM (Large Language Models) está a estenderse a curiosidade por coñecer os seus usos, así como experimentar e descubrir que aplicacións prácticas poden ter como asistentes no campo laboral. Para iso expónselles problemas ou tarefas e proporciónanselles os datos que se estiman necesarios para a súa resolución. Estes datos poden incluír en ocasión información confidencial acerca de clientes, código fonte desenvolto na compañía ou outro tipo de información sensible.

Ao actuar deste xeito estase pasando por alto que estas ferramentas foron deseñadas pensando na súa evolución por medio da aprendizaxe (ou, con maior propiedade, do adestramento), e os datos que reciben quedan almacenados e son susceptibles de seren reutilizados noutras consultas que cheguen desde outros ámbitos.

De feito é conveniente pensar nelas, polo menos no caso das versións gratuítas, como ferramentas parcialmente afinadas que os propios usuarios contribúen a mellorar coas súas interaccións e aportacións, o que inclúe os datos que se empreguen. Por este motivo xa hai grandes compañías que decidiron limitar o seu uso ou insistir na concienciación do persoal para facer un uso seguro delas.

Información relacionada