A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) iniciou o trámite de audiencia para solicitar a opinión das persoas interesadas sobre o proxecto de Circular sobre a aplicación do artigo 66.1.b) da Lei 11/2022 Xeneral de Telecomunicacións.
Esta Lei regula, entre outros temas, o dereito das persoas usuarias á protección de datos persoais e á privacidade en relación coas comunicacións non solicitadas, incluíndo o non recibir chamadas non desexadas.
O artigo 66.1.b) da Lei 11/2022 recolle o dereito dos usuarios a non recibir chamadas non desexadas con fins de comunicación comercial, salvo que exista consentimento previo da propia persoa usuaria para recibir este tipo de comunicacións ou que estas poidan ampararse noutra base de lexitimación das previstas no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Dado que o artigo non limita exclusivamente a realización das chamadas con fins de comunicación comercial ao consentimento das persoas usuarias e inclúe a posibilidade de que estas poidan realizarse con outras bases xurídicas, o proxecto de Circular ten como obxectivo contribuír á seguridade xurídica.
As contribucións ao texto publicado poderán remitirse ata o día 22 de maio de 2023 a través do correo electrónico circularllamadas [at] aepd.es (circularllamadas[at]aepd[dot]es)