Experiencia senior, unha iniciativa da OSI para gozar da internet

Imaxe

Leva xa varios meses en funcionamento, pero desde a Amtega non queremos deixar pasar a ocasión de comentar e recomendar esta páxina web que ofrece a Oficina de Seguridade do Internauta. 

Calquera persoa que estea interesada en aumentar os seus coñecementos para poder gozar das vantaxes do mundo en liña ten a posibilidade de facelo de maneira sinxela e amena mediante unha serie de textos informativos, probas de auto-avaliación de coñecementos e actividades prácticas.

Desde os primeiros pasos en ciberseguridade ata as redes sociais ou as compras en liña, os materiais educativos oriéntanse a facilitar a vida dixital ás persoas maiores, pero non é necesario formar parte deste colectivo para poñerse a proba e aprender sobre prácticas seguras en contornas dixitais.

Información relacionada