O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou a resolución definitiva da Convocatoria Cervera Centros Tecnolóxicos de Excelencia 2023 na que 5 proxectos foron financiados con participación de entidades galegas, por máis de 3,5 millóns de euros, sendo Galicia a cuarta comunidade autónoma con maior financiamento.
A convocatoria, xestionada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) busca o fomento da colaboración público-privada para o desenvolvemento e crecemento dos ecosistemas de innovación mediante a capacitación de centros tecnolóxicos de excelencia a través de proxectos 100% subvencionados.
Os proxectos abarcan diferentes ámbitos tecnolóxicos para a realización de programas estratéxicos de I+D+i, desde a fabricación intelixente ata a protección da información, a computación cuántica ou o transporte intelixente.
En particular, os 5 proxectos nos que participan 4 entidades galegas son os seguintes:
Contramedidas intelixentes de ciberseguridade para a rede do futuro
Gradiant
Consorcio cervera para a alianza de centros tecnolóxicos para a innovación en aplicacións quantum computing para a empresa
Instituto Tecnolóxico de Galicia
Rede de tecnoloxías ómicas para a innovación de combinacións proteicas óptimas para o consumidor
Anfaco-Cecopesca
6G distributed and federated experiments in radio, edge and non-terrestrial networks
Gradiant
Programa estratéxico de investigación e transferencia para o impulso do H2 renovable como vector enerxético para a transición enerxética - H2ENRY
Energylab
Para máis información sobre a convocatoria e os proxectos, consulta a seguinte ligazón: Convocatoria 2023 Cervera Centros Tecnológicos.