O programa diríxese ás startups europeas que buscan escalar as súas actividades internacionalmente e cuxa actividade se centre nalgún elemento de ciberseguridade: prevención, protección e investigación, ou análise de ameazas. O obxectivo é proporcionar coñecementos, medios e asesoramento para o crecemento e a expansión.
Google fixo públicos os seguintes requisitos, imprescindibles, para que as candidaturas sexan tidas en conta ao seleccionar os participantes nesta edición da Growth Academy:
O programa comezará en abril, e as empresas interesadas que cumpran cos criterios expostos deberán presentar a súa candidatura para formar parte do mesmo antes do 12 de febreiro na seguinte ligazón.