O programa de Aceleración “Laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais da Xunta de Galicia” é unha iniciativa de apoio ao emprendemento de Wayra que promove o impulso do ecosistema emprendedor e tecnolóxico no sector da ciberseguridade en Galicia, axudando a proxectos e emprendedores a consolidarse. Esta actuación enmárcase no proxecto de Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais, unha iniciativa liderada pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
¿Que buscamos no Programa de Aceleración?
Seleccionaranse 10 proxectos de empresas de base tecnolóxica, con posibilidades de escalado e saída ao mercado, para a súa aceleración no Programa de Emprendemento.
A esta convocatoria poderán acceder emprendedores con algunha idea de proxecto, startups en fase de desenvolvemento e execución, de base tecnolóxica e innovadora, sustentables, de ciberseguridade e con potencial de escalado, co obxectivo de dispoñer dun MVP en proceso de validación no menor tempo posible.
¿Que ofrecemos?
Ofrecemos un programa de aceleración personalizado para desenvolver o teu proxecto, coñecer o ecosistema emprendedor en Galicia, conectarte cun equipo de mentores cun amplo percorrido no ecosistema e con coñecemento na industria da ciberseguridade; que che axudarán nun plan de traballo personalizado para o impulso da túa idea, negocio, comunicación e vendas.
Ademais, ofrecemos sesións de networking nos eventos presenciais, onde terás a oportunidade de coñecer entidades de capital risco, business angels e outros brazos investidores.
¿Canto dura o programa?
O programa ten unha duración de 2 meses, coas seguintes datas clave:
¡As prazas están limitadas a 10 proxectos, así que dáte présa e non perdas esta oportunidade!
Ligazón ao formulario de inscrición: se estás interesado en participar, enche o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo.
Nota importante: as datas anunciadas podrían sufrir modificación por causas organizativas. Permanecede atentos as comunicacións.
Sobre Wayra e AMTEGA
Wayra é o Corporate Venture Capital de Telefónica, o vehículo de apoio ao emprendemento e brazo investidor do Grupo Telefónica.
A AMTEGA é a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, dedicada a promover a transformación dixital e o ecosistema emprendedor na rexión.