IBM pon a disposición unha serie de 8 cursos para empezar a túa carreira en ciberseguridade

Imaxe

IBM lanza un programa formativo “IBM Cybersecurity Analyst Professional Certificate” que contén 8 cursos destinados a proporcionar habilidades técnicas para empezar no mundo profesional da ciberseguridade.

O curso ten unha duración de 4 meses, a razón de 10 horas semanais, aínda que ten a posibilidade de xestionar o ritmo de forma individualizada en base ás necesidades de cada estudante.

Os cursos abarcan temas fundamentais, desde as vulnerabilidades en base de datos, seguridade de redes e investigación forense ata resposta a incidentes, ciber intelixencia e casos de estudo. 

Ademais, o curso inclúe o uso de ferramentas prácticas que utilizan os profesionais da ciberseguridade no seu día a día, preparando así ao estudante para desempeñar tarefas reais no mundo laboral.

As inscricións están abertas a través da creación de usuario na plataforma Coursera.

Para máis información e para inscribirse e iniciar os cursos, consulta a seguinte ligazón: Certificado profesional de Analista de ciberseguridade de IBM.

Información relacionada