Convócase para este mes de abril a segunda edición de xornada DFIR organizada pola Academia Galega de Seguridade Pública, orientada aos profesionais que forman parte do proceso penal en calquera das súas partes.
A ninguén se lle escapa a necesidade de formarse nun ámbito tan cambiante como a ciberseguridade, nun ano en que a estrela sen ningunha dúbida está a ser a intelixencia artificial en todas as súas facetas, incluíndo a súa capacidade de emprego no mundo do cibercrime. Igualmente, a visión dos actores económicos neste mundo, ás veces tan complexo, é un elemento fundamental para entender moitas das actividades ilícitas que levan a cabo na internet e en redes de comunicacións.
Coa realización desta II xornada buscouse a combinación do punto de vista de profesionais de referencia das áreas de intelixencia artificial, métodos de pagamento e criptomoedas, así como o guiado práctico ante determinados problemas na análise forense e as periciais con sistemas informáticos.
Denominación: II xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade.
Tipo: xornada.
Horas lectivas: 8 horas.
Modalidade: presencial.
Data: 25 de abril de 2024.
Persoal destinatario: profesionais dedicados á resposta ante incidentes, investigación e/ou análise forense de equipos informáticos, especialmente o persoal das forzas e corpos de seguridade, Xudicatura, Ministerio Fiscal e demais persoal interesado.
Contidos:
O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp.
A Agasp publicará diariamente a listaxe de persoas admitidas a partir do día 18 de abril de 2024 nese mesmo sitio web.
Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública. Rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra.
Data: 25 de abril de 2024.
Horario: das 9.30 ás 19.30 horas.