A cooperación entre o Concello de Monforte e Renfe, a través da súa empresa filial LogiRail, conseguiu acurtar os prazos do proxecto e que o centro de ciberseguridade entrase en funcionamento, xa con persoal propio, o 31 de marzo, cando a planificación orixinal contemplaba a apertura para finais de 2023.
Este é o sexto Centro de Competencias dixitais que pon en marcha a compañía ferroviaria, pero o primeiro (e pioneiro en Europa) dedicado á ciberseguridade.
Mediante esta iniciativa Renfe busca dispoñer de capacidades tecnolóxicas propias nos campos das Tecnoloxías da Información (IT), Tecnoloxías Operacionales (OT) e Internet das Cousas (IoT), que ata o de agora tiña que subcontratar.