Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) poñen ao dispor da cidadanía varios cursos de balde con opción gratuíta de certificación oficial con gran valor no ámbito da ciberseguridade.
A inscrición a algúns destes cursos comeza este venres 1 de setembro e estará aberta ata o 13 do mesmo mes. O número de prazas é de 20 por curso e, ademais, realizarase unha proba técnica presencial o día 25 de setembro no CNTG de Santiago de Compostela.
Estas novas formacións e certificacións gratuítas forman parte da inversión que fai a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia dentro do contexto do proxecto RETECH en Ciberseguridade no que colaboran o Instituto Nacional de Ciberseguridade e a Xunta de Galicia.
O curso CompTIA Security+ está deseñado para preparar o exame SY0-601. O exame CompTIA Security+ certificará se posúe o coñecemento e as habilidades necesarias para instalar e configurar sistemas para asegurar aplicacións, redes e dispositivos; realizar análise de ameazas e responder con técnicas de mitigación apropiadas; participar en actividades de mitigación de riscos; e operar cunha conciencia das políticas, leis e regulamentos aplicables.
No curso CompTIA PenTest+ presentaránse os conceptos xerais e as metodoloxías relacionadas coas probas de penetración e o alumnado realizará unha proba de penetración simulada para unha empresa ficticia.
O curso EXIN Information Security Foundation ISO/IEC 27001 está deseñado para todos os profesionais que traballan con información confidencial. Pon a proba a comprensión dos conceptos e o valor da seguridade da información, así como as ameazas e riscos; e prepara para conseguir a certificación EXIN Information Security Foundation ISO/IEC 27001.
Adicionalmente aos cursos mencionados, o CNTG ten previsto ofrecer, no mesmo contexto dos anteriores, outra serie de cursos gratuítos e de enorme importancia no ámbito da ciberseguridade. Estes cursos estarán dispoñibles para inscricións en próximas datas:
Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) - Presencial - 20 prazas
Certified Ethical Hacker (CEH) - Presencial - 20 prazas
FOR508: Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics - Virtual - 10 prazas (SANS Institute)
SEC504: Hacker Tools, Techniques, and Incident Handling - Virtual - 10 prazas (SANS Institute)
Certified Information Security Manager (CISM) - Virtual - 20 prazas
Certified Information System Auditor (CISA) - Virtual - 20 prazas
Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional - Virtual - 20 prazas
Ademais dos anteriores, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos e xornadas para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación do curso 2023/2024 no apartado de información relacionada.