Investimento estatal en ciberseguridade e ciberdefensa

Imaxe

O Consello de Ministros de España aprobou o día 6 de maio un plan de reforzo en ciberseguridade e ciberdefensa, cun investimento de 1.157 millóns de euros. Este plan complementa o Plan Nacional de Ciberseguridade de 2022 e aliñase co Plan Industrial e Tecnolóxico para a Seguridade e a Defensa anunciado o 24 de abril.

Obxectivos do plan:

  • Adaptar a estratexia nacional a novos desafíos como a intelixencia artificial e a computación cuántica.
  • Protexer infraestructuras críticas e servizos dixitais fronte ao aumento de ciberataques. En 2024 contabilizáronse máis de 100.000, cun ataque considerado como grave cada tres días.
  • Fortalecer a ciberresiliencia das administracións públicas e do ecosistema dixital nacional.

Principais actuacións:

  • Impulso ao Centro de Operacións de Seguridade 5G (SOC 5G) para supervisar a ciberseguridade en redes 5G.
  • Integración de intelixencia artificial en sistemas de detección de ciberataques.
  • Automatización de auditorías en servicios das administracións públicas expostos á internet.
  • Mellora da coordinación entre centros de operacións de ciberseguridade públicos e privados.
  • Desenvolvemento de sistemas de alerta temperá en ciberdefensa.
  • Colaboración con universidades para a investigación en ciberseguridade.

Na actualidade, España é o segundo país do mundo con máis centros de ciberseguridade, só por detrás de Estados Unidos.

Máis información:

https://digital.gob.es/comunicacion/sala-de-prensa/comunicacion_ministro/2025/05/2025-05-06.html