O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no seu compromiso por fomentar a mellora competitiva do tecido empresarial galego, deseñou o programa Re-acciona, co obxectivo de apoiar ás pequenas e medianas empresas (pemes) no desenvolvemento de solucións que incrementen a súa competitividade, eficiencia e sustentabilidade. O programa dispón dun total de 13 servizos ao redor de tres eixos de competitividade: a análise, a optimización e a estratexia.
A solicitude deberá realizarse necesariamente a través da entidade colaboradora que o solicitante escolla para a prestación do servizo
Contar cun centro de traballo en Galicia
Ter condición de peme
Para o servizo de Desenvolvemento estratéxico integral de empresa, deben realizar un informe previo de análise
Os servizos serán prestados pola entidade colaboradora que elixa o solicitante de entre as seleccionadas para cada servizo
A entidade colaboradora elixida será a responsable de:
Avaliar, de modo previo á solicitude, os requisitos das entidades solicitantes e da viabilidade e eficacia da execución do servizo
Realizar #ante o Igape os trámites de solicitar a axuda
Xustificar a axuda ante o Igape
O importe definido para cada tipo de servizo e as horas determínanse segundo o seguinte esquema:
| Denominación | Nº aproximado de horas | Importe do servizo (sen IVA) | Coste para a empresa (sen IVA) |
| Categoría 1. Análise e avaliación competitiva | 60 horas | 3.780 € | 756 € |
| Categoría 2. Optimización e mellora competitiva | 85 horas | 5.355 € | 1.071 € |
| Categoría 3. Estratexias de competitividade avanzada | 100 horas | 6.300 € | 1.260 € |