Liña de axudas do IGAPE: código de procedemento IG408K

Imaxe

Mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, programa Tícket Innova para o ano 2025.

Estas subvencións concederanse, entre outras, a actividades de:

  • Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora.
  • Deseño de novos procesos ou servicios baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes:

(…)

  1. Sistemas de intelixencia artificial (intelixencia de negocio, big data e similares).
  2. Ciberseguridade. 

O prazo para solicitar as axudas comeza cinco días hábiles despois do día seguinte á súa publicación no DOG e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

As axudas concedidas suporán o 80 % dos gastos realizados pola empresa beneficiaria durante o período subvencionable, entre un mínimo de 8.000€ (gasto total de 10.000€) e un máximo de 48.000 € (correspondente a 60.000€ de gasto).

Información relacionada