Mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación.
Estas subvencións concederanse, entre outras, a actividades de testaxe a escala preindustrial e pilotos de tecnoloxías facilitadoras (TFE) relacionadas con: (...) procesamento avanzado, nas que se inclúen especificamente a intelixencia artificial e a ciberseguridade.
O prazo de presentación de solicitudes das axudas comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o citado prazo dun mes.