Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial.
Estas subvencións concederanse a proxectos relacionados co desenvolvemento de produtos de intelixencia artificial ou a integración dela nos procesos produtivos propios, o que pode ser aplicado a produtos de ciberseguridade.
O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará ás 14:00 horas do 30 de abril de 2025 para a liña A e do 31 de outubro de 2025 para as liñas B e C, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.