Microsoft e Fundación Esplai ofrecen formación gratuíta para a mocidade

Imaxe

A Fundación Esplai e Microsoft, que xa viñan colaborando desde fai vinte anos, amplían o seu programa conxunto de formación en diversas materias relacionadas coas Tecnoloxías da Información, moi demandadas no mercado laboral.

O obxectivo do programa é mellorar a empregabilidade das persoas beneficiarias dotándoas de competencias e orientación laboral en diversas materias relacionadas coa Tecnoloxías da Información. A audiencia esperada é dunhas 10.000 persoas.

Os cursos forman parte do Currículo Oficial de Microsoft e serán impartidos pola Fundación Esplai, que xestionará as certificacións e proporcionará orientación laboral, en colaboración coas preto de corenta entidades sociais en nove comunidades autónomas que integran a plataforma Rede Conecta. 

Esta formación será gratuíta para mozos e mozas sen emprego e persoas en situación de vulnerabilidade.

Información relacionada